CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE «XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN» 100% SUBVENCIONADO - Centro de Iniciativas Profesionales

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE «XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN» 100% SUBVENCIONADO

(COMM0112) XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE  DE NIVEL 3 – XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN, MODALIDADE PRESENCIAL
100% SUBVENCIONADO-CONCELLO DE VIGO

REQUISITOS PARA PODEN ACCEDER:

  • Estar inscrit@ na oficina de emprego.
  • Ter unha titulación mínima de Bacharelato, ciclo medio ou equivalente.

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN

CiP (Centro de Iniciativas Profesionales)Rúa Brasil, nº 48, 36204, VIGO.
Teléfono 986 47 22 11.
admon@campuscip.com

Horario do curso: 09:15-14:15 horas de luns a vernes. 5 horas o día.

INFORMACIÓN DO CERTIFICADO

COMPETENCIA XERAL: Asistir na definición, organización, difusión e supervisión de accións promocionais e eventos, de plans de marketing e comunicación, e realizar actividades auxiliares de organización e seguimento ao plan de medios, para lanzar e prolongar a existencia de productos, servizos e marcas, reforzando a imaxen da organización, e utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa.

CONTIDO DO CURSO DE XESTIÓN DE MARKETING E COMUNICACIÓN

Unidades de Competencia

UC1007_3 Obter e elaborar información para o sistema de información de mercados.

UC2185_3 Asistir na definición e seguimento das políticas e plans de marketing.

UC2186_3 Xestionar o lanzamento e implantación de productos e servizos no mercado.

UC2187_3 Organizar e xestionar eventos de marketing e comunicación, seguindo o protocolo e criterios establecidos.

UC2188_3 Asistir na organización e seguimento do plan de medios e soporte establecido.

UC189_3 Elaborar e difundir, en diferentes soportes, materiais, sencillos e audo editables, publi-promocionais e informativos.

UC1002_2 Comunicarse en inglés con un nivel de usuario independentemente en actividades comerciais.

Ocupacións ou postos de traballo relacionados

  • Técnicos en publicidade ou relacións públicas.
  • Técnicos medios en publicidade ou relacións públicas.
  • Técnicos superiores en publicidade ou relacións públicas, en xeral.
  • Técnicos en organización de feiras e eventos.
  • Organizador de eventos de marketing e comunicación.
  • Asistente do Xefe de Producto.
  • Técnico en Marketing.
  • Auxiliar de medios en empresas de publicidade.
  • Controlador de cursaxe ou emisións en medios de comunicación.

PROGRAMA DO CURSO:

  • MF1007_3Sistemas de información de mercados (180 horas).
    • UF1779: Entorno e información de mercados (60 horas).
    • UF1780: Investigación e recollida de información de mercados (60 horas).
    • UF1781: Tratamento e análise da información de mercados (60 horas).
  • MF2185_3: Políticas de Marketing (100 horas).
    • UF2392: Plan de marketing empresarial (70 horas).
    • UF2393: Control e seguimiento de políticas de marketing (30 horas).
  • MF2186_3: Lanzamento e implantación de productos e servizos (90 horas).
    • UF2394: Marketing e promoción no punto de venda (60 horas).
    • UF2395: Rede de vendas e presentación de productos e servizos (30 horas).
  • MF2187_3: Xestión de eventos de marketing e comunicación (90 horas).
    • UF2396: Organización de eventos de marketing e comunicación (60 horas).
    • UF2397: Protocolo en eventos de marketing e comunicación (30 horas).
  • MF2188_3: Organización e control do plan de medios de comunicación (90 horas).
    • UF2398: Plan de medios de comunicación e internet (60 horas).
    • UF2399: Avaliación e control do plan de medios (30 horas).
  • MF2188_3: Elaboración de materiais de marketing e comunicación autoeditables (90 horas).
    • UF2300: Técnicas de deseño gráfico corporativo (60 horas).
    • UF2301: Xestión de contidos web (30 horas).
  • MF1002_2: Inglés profesional para actividades comerciais (90 horas).
  • MP0499: Módulo de prácticas profesionais non laborais. (80 horas).

DURACIÓN HORAS TOTAIS DO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE 810 HORAS.

Axudas para participantes:

  • Axudas de transporte:
    • Axudas en transporte público. Ata 33€/mes (1,5€/día).
    • Transporte en vehículo propio. A 0,19€/km.
  • Axudas á conciliación:
    • Fillos/as menores e persoas acollidas menores de 12 anos ou familiares dependentes ata o segundo grao. Ata 300€/mes (13,44€/día).
    • Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero. Ata 220€/mes (10€/día).
  • Bolsas de asistencia:
    • Itinerario personalizado de inserción (IPI). Ata 200€/mes (9€/día).
    • Discapacidade dende o 33%. Ata 200€/mes (9€/día).

Deja un comentario

×